V Encontro de Loxística Internacional

Decisións políticas, cambios regulatorios, tensións xeopolíticas e o papel crecente do dato están a impactar directamente na maneira de operar das empresas. Neste escenario cambiante, imprevisible e marcado pola incerteza cobran especial valor as xornadas como o V Encontro de Loxística Internacional que celebramos en Santiago de Compostela.

Un encontro que se apoiou na experiencia e no coñecemento de grandes profesionais aos que lles agradecemos especialmente as reflexións compartidas e a claridade das súas achegas:

Augusto Alvarez-Borrás Massó, Director da Área de Internacionalización do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica
Blas Rivas Alejandro, Presidente da rede internacional de avogados IURISGAL INOLF e secretario da Asociación Española del Transporte
Xoán Martínez Reboredo, Presidente do Clúster da función loxística de Galicia
Ana Ulloa, Fundadora e directora de Aporta Consultores

A elevada participación, o interese xerado e, sobre todo, a calidade das ponencias e do debate, confirmaron o acerto dunha xornada que serviu para compartir coñecemento, contrastar puntos de vista e poñer enriba da mesa cuestións estratéxicas para o sector.

Pero, sobre todo, quedamos cunha idea clara: mesmo nun escenario global cheo de incerteza, hai oportunidades reais para quen entende o contexto, analiza os datos e toma decisións con visión de futuro.

Desde o clúster seguimos apostando por xornadas que acheguen visión e ferramentas para entender un mundo cada vez máis complexo.