No marco da iniciativa #PrimaveraInnovadora, celebrouse o obradoiro “Impulso colaborativo da dixitalización na intraloxística nos sectores tractores de Galicia”, unha xornada técnica que tivo lugar nas instalacións de SOGACSA, quen actuou como anfitrioa do evento.
Durante a sesión, analizáronse cuestións clave para a modernización do sector, como:
- A dixitalización como motor de competitividade empresarial
- Sistemas de Xestión de Almacén (SGA)
- Automatización e optimización de procesos
- Robótica móbil aplicada á intraloxística
- Plataformas e bases móbiles para AGVs
- Infraestruturas industriais para automatización
- Visión artificial e seguimento visual automático (SVA)
- Casos prácticos de implantación real
Un dos momentos máis destacados foi a demostración en tempo real de vehículos de guiado automático (AGVs), que permitiu observar de primeira man o seu funcionamento. Ademais, desenvolveuse unha actividade colaborativa baseada en Design Thinking, que fomentou o intercambio de ideas sobre retos comúns e solucións conxuntas.
Relatoras e relatores convidados
O obradoiro contou coa participación de recoñecidos profesionais do sector:
- Francisco Ramos Fernández (SOGACSA)
- Eladio Otero García (IGAPE)
- Francisco Vázquez (Warnier Logistic & Mobility Company)
- Carlos Lamas Rodríguez (SOGACSA)
- Xan Rey (RC Racks & Containers)
- Raquel López Espín (FINSA)
- Catalina Losada Uz e Andrés Díaz Pérez (Serveo)
- Pablo Arribas Valencia (RCR Pavimentos Industriales)
- Manuel Antón Iglesias Fernández (Indupavi S.L.)
- Félix P. (EVESTEL)
A organización tamén agradeceu a implicación das empresas participantes, así como a dos centros de Formación Profesional Liceo La Paz e CIFP Fontecarmoa, pola súa participación activa e interese mostrado.
Esta actividade foi financiada a través das axudas aos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
