Os cargadores expoñen as complicacións e os retos da súa loxística durante o III Encontro Loxística de frío en Conxemar

No marco da feira Conxemar 2024, o Clúster da función loxística de Galicia organizou o III Encontro Loxística de Frío: “A loxística de frío en Galicia: os seus plans de futuro e retos ao sector”, destacando o papel de Galicia como referente en loxística e xestión portuaria, e centrándose nun sector que supón unha das principais vantaxes competitivas da rexión, os productos refrixerados. O evento tamén serviu para que o Clúster expuxese os proxectos que ten en marcha, como a análise da demanda de transporte ferroviario ou o desenvolvemento dunha nova ruta comercial con Florida.

A intervención de Carlos Botana, presidente do Porto de Vigo, destacou a necesidade de optimizar a xestión dos fluxos crecentes de mercadorías no ámbito portuario. A mesa de cargadores da cadea de frío contou con Diego Álvarez, Director de planificación de Congalsa, Pablo Carro, Responsable de loxística de Nauterra e moderando Rafael Sabucedo, membro da xunta directiva do Clúster e Business Development Coordinator en Deltacargo. Durante o seu debate sinalaron os desafíos que afectan ao seu día a día, temas específicos do transporte terrestre como a escaseza de condutores e a alta concentración da oferta ou sobre as dificultades que crea a conxestión en infraestruturas portuarias. Así mesmo, discutíronse plans para mellorar a eficiencia loxística en momentos de máxima actividade, outro dos principais retos identificados.

Dentro do marco do evento, déuselle cabida a dúas entidades a expoñer temas de importancia para a función loxística a través do formato das píldoras innovadoras. Nesta edición o CEO de Visual Trans, Pablo Cruz, falou da especialización tecnolóxica na loxística do cargador de mercadorías e o Secretario Xeral da CEP fixo unha introdución dos obxectivos e actuacións do proxecto de financiamento europeo Dixital Cologistics.

Durante o peche, o Presidente da Clúster, Xoán Martínez, remarcou o valor destes encontros e a importancia da colaboración a través do Clúster para o futuro do sector e esencial para consolidar Galicia como un punto clave na loxística internacional. O director de internacionalización do Igape puxo a última guinda afianzando o papel do Clúster como interlocutor para canalizar a colaboración público-privada, e utilizando a elaboración do Plan Director de Loxística Industrial como exemplo do valor engadido da experiencia das distintas voces que aglutina a entidade.