O Clúster da función loxística de Galicia participou nunha mesa de traballo no marco do programa Ultreia, que forma parte da iniciativa Galicia Rexión Emprendedora Europea 2025. O evento, que tivo lugar na sede en Vigo da Confederación Empresarial de Pontevedra, estaba destinado a impulsar a colaboración entre empresas emerxentes (start-ups) e sectores estratéxicos, destacando proxectos innovadores e promovendo a procura de financiamento. O Clúster foi parte da mesa de traballo de loxística, onde se identificaron retos e problemas do sector que poidan ser resoltos cunha acción emprendedora. As distintas mesas discutiron as craves para mellorar a eficiencia e sostenibilidade dos distintos sectores en Galicia, fomentando a integración de novas tecnoloxías e prácticas sostibles.