A semana pasada tivemos a oportunidade de participar en The Way Startup Summit, un evento clave para o ecosistema emprendedor galego. O noso xerente, Iago Domínguez, exerceu como moderador na mesa redonda titulada “El futuro de la logística”, un espazo de reflexión e intercambio sobre os principais retos e oportunidades do sector. Un panel de expertos comprometidos co cambio Na mesa contamos coa participación de tres profesionais cunha ampla traxectoria:
- Simón González Martín, de STEF
- César Benavides, de Silvalvi
- Felix Primo, de EVESTEL
Agradecemos tamén a Belén Nandín, autora da fotografía que acompaña esta nova, polas súas xestións e por acompañarnos durante a xornada. Temas clave para o presente e o futuro da loxística Durante a mesa redonda abordáronse cuestións estratéxicas como: 🚀 O emprendemento en Galicia no sector loxístico: fortalezas do ecosistema innovador galego e os retos que presenta. 📦 A transformación do transporte e da loxística a través da innovación e a dixitalización, así como os desafíos pendentes. 📊 A importancia da cooperación entre empresas e co sector público como motor de cambio. Este tipo de encontros son fundamentais para avanzar cara a unha loxística máis innovadora, sostible e colaborativa. 💬 Grazas aos relatores pola súa visión e ao público pola súa participación activa. #PrimaveraInnovadora #Logística #Dixitalización #Innovación #Emprendemento #TransformaciónDixital #FuturoLoxístico #Startups #OrgulloDeEquipo