O Clúster da función loxística de Galicia participou esta semana na feira Empack e Logistics & Automation Porto, onde reforzou relacións, compartiu coñecemento e impulsou novas oportunidades de colaboración.
No marco do evento, o Clúster organizou o Foro Galego do Congreso da feira, cunha sesión titulada “Digitalização do transporte e eCMR em Espanha”. Este focus group, integrado no Digital CoLogistics Project, contou coa participación de destacados profesionais de empresas especializadas como Locatel, Solport, Cargoffer, Docuten e Visual Trans.
Ademais, o xerente do Clúster, Iago Domínguez, participou nunha sesión de presentación do propio proxecto Digital CoLogistics xunto a representantes de entidades como AEP – Associação Empresarial de Portugal, MITMYNID e Market Access, reforzando a dimensión internacional da iniciativa.

*O projeto 0107_DIGITAL_COLOGISTICS_1_E é cofinanciado pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional FEDER no âmbito do programa Interreg VI A Espanha – Portugal (POCTEP) 2021-2027
O valor das persoas e da colaboración
Desde o Clúster destacan especialmente o valor humano destes encontros, subliñando o papel clave das persoas que forman parte das empresas socias e do ecosistema loxístico. A participación no evento permitiu xerar novas ideas de proxectos colaborativos, compartir coñecemento e fortalecer vínculos profesionais nun ambiente marcado tamén pola proximidade e o intercambio distendido.
A entidade agradece a todas as persoas que visitaron o seu stand, participaron nas sesións e amosaron interese polo seu labor e polo das empresas asociadas, e reafirma o seu compromiso de seguir impulsando a innovación e a cooperación no sector loxístico galego.
O Clúster xa traballa nas próximas citas do calendario, co obxectivo de continuar xerando valor e oportunidades para o conxunto do sector.
