O Clúster da función loxística de Galicia impulsa a internacionalización do sector con apoio de Fondos Europeos

O Clúster da función loxística de Galicia participa no programa “Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024”, unha iniciativa impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo Galicia FEDER 2021-2027.

Durante o ano 2024, estamos a desenvolver accións conxuntas de promoción exterior co obxectivo de fortalecer a proxección internacional das empresas galegas do sector loxístico.

Estas accións están cofinanciadas nun 60% con fondos FEDER e enmárcanse no Obxectivo Político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente. O importe total do proxecto ascende a 33.713,56 €, cunha subvención concedida de 24.261,16 €.

Este apoio financeiro contribúe ao crecemento sustentable, á mellora da competitividade das PEMEs e á xeración de emprego, elementos clave para unha Galicia conectada co mundo.

Máis información sobre o programa: www.igape.gal