O Clúster da función loxística de Galicia participa no programa “Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025”, unha iniciativa impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo Galicia FEDER 2021-2027.
Durante o ano 2025, estamos a desenvolver accións conxuntas de promoción exterior co obxectivo de fortalecer a proxección internacional das empresas galegas do sector loxístico.
Concretamente, traballouse co obxectivo de facilitar ao sector loxístico galego o acceso á feira internación SIL Barcelona 2025 para abrir novos mercados e reforzar relacións xa existentes co sector. Neste sentido, conseguiuse financiar a viaxe de 5 pemes e do propio cluster que mantiveron reunións profesionais con empresas, operadores e entidades vinculadas á loxística e á tecnoloxía aplicada ao sector, permitíndose coñecer solucións innovadoras relacionadas coa trazabilidade, a automatización de procesos e a optimización da cadea de subministración. A acción serviu tamén para reforzar a visibilidade do ecosistema loxístico galego e das capacidades das empresas asociadas en contornas internacionais.
Así mesmo, a participación na feira facilitou o intercambio de coñecemento sobre tendencias emerxentes en materia de innovación loxística, sustentabilidade e transformación dixital, así como a ampliación da rede de contactos institucionais e empresariais. A acción contribúe á estratexia do Clúster orientada a apoiar a internacionalización do sector loxístico galego mediante actuacións conxuntas e coordinadas, contando co apoio institucional do IGAPE.
Esta convocatoria está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento FEDER do 60% e compútase como cofinanciamento nacional polo 40% restante, a parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias.
- Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
- Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.
- Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
- Tipo de acción (CPSO): 1.3.3 – axudas á internacionalización de empresas galegas.
- Subtipo de acción (CPSO): 1.3.3.3 – axudas ao programa Galicia Exporta Organismos Intermedios.
- Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Máis información sobre o programa: www.igape.gal
