Xaneiro – Xuño 2025: un percorrido compartido con socios, empresas e institucións
Desde o Clúster da función loxística de Galicia presentamos o resumo semestral correspondente aos primeiros seis meses de 2025, que destacou pola intensa actividade en apoio ao sector e ás nosas entidades socias, con accións clave en internacionalización, formación, innovación e coordinación estratéxica.
Presenza internacional e apoio ás empresas socias
Durante este semestre, participamos con stand propio en importantes feiras internacionais como Empack and Logistics & Automation, en Porto; Transport Logistic, en Munich e o SIL, en Barcelona, facilitando a visibilidade do sector galego. Ademais, promovemos a participación de empresas socias en viaxes profesionais a Múnich, SIL e Nantes, así como a súa presenza como coexpositoras no stand do SIL.
Tamén impulsamos 24 accións formativas nas que participaron 565 alumnos/as, lanzamos un plan de asesoramento para diagnosticar a pegada de carbono en 8 PEMES e acompañamos proxectos piloto de innovación en dúas empresas socias.
Eventos, xornadas e espazos de reflexión
Organizamos encontros clave como os obradoiros de intraloxística en Nigrán e de sostibilidade en Santiago, así como eventos centrados na dixitalización do transporte na feira de Porto e na innovación no SIL de Barcelona, incluíndo tamén un webinar sobre sostibilidade.
No ámbito estratéxico, celebráronse reunións con concellos como A Coruña e Santiago, con outros clústers e asociacións empresariais, así como coa vista posta en novos proxectos como o POCTEP sobre FFCC e a continuidade de iniciativas como Digital Cologistics.
Participación activa no ecosistema loxístico
Desde o Clúster estivemos presente en numerosos eventos sectoriais: moderando mesas de debate en encontros como o The Way Startup Summit, e participando en iniciativas como o IV Foro de Loxística e Operacións de APD ou o Focus Group do sector loxístico.
Proxectos en marcha
O semestre pechouse con avances en cinco proxectos estratéxicos:
- Plan Director de Loxística de Galicia
- Estudo de demanda ferroviaria
- Sistema de intelixencia de negocio
- Observatorio de competitividade
- Plataforma de emprego
Balance positivo
Pechar este semestre cun balance tan positivo reflicte o compromiso compartido entre o Clúster, as súas entidades socias e as entidades colaboradoras por fortalecer un ecosistema loxístico galego máis competitivo, sostible e conectado co contexto internacional.
Seguiremos traballando con visión estratéxica e colaboración activa para afrontar os retos do segundo semestre e avanzar cara a unha loxística galega máis innovadora, eficiente e aliñada cos desafíos globais.
