Aínda cun pouco de resaca emocional tras o evento de onte, dende o equipo do Clúster analizamos o noso traballo con criticismo pero cunha aura de satisfacción polos fitos acadados. Como destacou o presidente Xoán Martínez ao abrir o encontro, “escoitamos e actuamos”. O pasado 15 de xaneiro comezaba o que hoxe é unha realidade: a Rede de Docentes da función loxística de Galicia. Naquela reunión os asistentes puxeron deberes ao Clúster, e onte Xoán Martínez enumeraba esa lista de compromisos acadados.
A primeira resposta do Clúster xurdía da necesidade de mediar con provedores de software líderes en solucións tecnolóxicas para a loxística, non só para formarse en ferramentas punteiras senón tamén para contar cun instrumento de formación para os alumnos. Isto xa está en marcha.
O segundo punto tamén tratado en xaneiro era establecer vías de comunicación sobre as dinámicas e accións impulsadas dende o Clúster. Moitos membros da Rede de Docentes e os seus estudantes foron parte desas 1100 persoas que participaron no noso programa formativo (Galicia Logistics Academy) nos últimos nove meses grazas a esta comunicación constante. Programa formativo que está financiado grazas ao convenio articulado entre o Clúster da función loxísitica de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Igualdad da Xunta de Galicia.
A terceira necesidade demandaba afianzar os lazos con encontros da Rede de Docentes. Onte foi o primeiro encontro de moitos que están por vir.
O último punto pedía a creación dunha intranet como espazo propio de intercambio para os membros da Rede de Docentes, onde poder compartir material, debates, inquedanzas… Dende o Clúster lanzaremos a plataforma esta semana.
Xa só a intervención da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, deixaba clara a simbiose público-privada na que o Clúster, como representante das empresas da función loxística, xunto coa Consellería de Emprego, está non só xestionando un convenio, senón tamén modelando as necesidades formativas do sector para crear o tipo de perfil que as empresas precisan hoxe e mañá.
Nesta liña, tamén anunciou o presidente Xoán Martínez como o Clúster planifica pechar o ciclo da súa estratexia formativa: unha bolsa de emprego propia. “Serve de pouco que fagamos un grande esforzo en formación se a xente formada non pode estar dentro do ciclo de empregabilidade das nosas compañías”, comentou. No primeiro trimestre de 2025, o Clúster contará cunha plataforma que conecte a oferta coa demanda.
A mesa formada polos directores dos departamentos de xestión de persoas de empresas socias do Clúster — Kaleido, Einsa Sourcing, Apetamcor e Hijos de Rivera — serviu de inspiración aos presentes para seguir traballando con paixón, abrindo a porta das empresas á Rede de Docentes conectando a formación coa realidade. Neste sentido, tamén a empresa tecnolóxica VisualTrans puxo as súas ferramentas e coñecemento a disposición dos docentes. Os representantes do Foro de Loxística puxeron o contexto falando so seu estudo sobre tendencias de emprego no sector.
O evento deixou nos presentes un agradable sabor de boca pois xenera un ecosistema moi beneficioso para todos. Saber que vamos polo bo camiño, pero tamén co formigueo de estar só no comezo nos inspira a, xuntos impulsar isto máis aló.
