Galicia amosa na Empack and Logistics & Automation Porto o seu potencial en innovación dixital para o transporte

Os días 9 e 10 de abril o Clúster da función loxística de Galicia estivo presente na feira Empack and Logistics & Automation Porto, para representar Galicia e as súas capacidades loxísticas e de innovación.

Como parte do programa oficial da feira, o mércores 10 de abril organizamos a conferencia “Solucións dixitais para o transporte”. Neste encontro, cinco entidades galegas presentaron solucións tecnolóxicas que están a transformar o transporte e a cadea loxística:

– Natalia Blanco Diaz, Directora Xeral de Apetamcor
– Ricardo Prieto, Business Development Specialist de Altia Logistics Software
– Jorge Parada Fernandez, CTO de Cargoffer
– Daniel Cerqueiro García, CMO de Docuten
– César Benavides, Director de proxectos de Silvalvi

Recibimos moitas visitas no noso stand, algunhas empresas socias ou colaboradoras como Pérez Torres Marítima, Kaleido Tech, Warnier Logistic&Mobility Company, airCO2, CABOMAR, e moitas outras as que tivemos ocasión de coñecer, compartir impresións e buscar futuras sinerxias. Tamén queremos destacar o bo ambiente e as conversas mantidas cos nosos veciños de stand, ALMATEC IBERICA S.L., que contribuíron a enriquecer esta experiencia.

Con esta participación, o Clúster dá comezo á súa Primavera Innovadora, un ciclo de actividades orientadas a poñer en valor o potencial tecnolóxico do sector loxístico galego.