No Clúster apostamos sempre por formacións prácticas e innovadoras que acheguen valor real ás empresas. Como parte deste compromiso continuo coa actualización e mellora das competencias profesionais, lanzamos un curso de Intelixencia Artificial aplicada aos negocios, unha iniciativa que espertou un enorme interese na nosa comunidade, acadando máis dun 90% de participación de socios dunha oferta de 80 plazas.
O programa, impartido por Jon Hernández, divulgador de IA e fundador de Big School, combina teoría e práctica para integrar esta tecnoloxía nos equipos de traballo de maneira estruturada e efectiva. Cun enfoque híbrido, que combina formación en liña con apoio personalizado, permite que os participantes apliquen de inmediato os coñecementos adquiridos, incorporando a IA á súa actividade diaria de forma natural e produtiva.
Ademais do acceso vitalicio aos contidos, os participantes teñen á súa disposición módulos avanzados para explorar en profundidade ferramentas clave para a automatización e a creación de contidos, desde ChatGPT ata Make, Midjourney ou Copilot Studio. O obxectivo non é só aprender a usar estas tecnoloxías, senón comprendelas como un aliado estratéxico que optimiza procesos, mellora a eficiencia e impulsa a innovación dentro das organizacións. Desde o Clúster, queremos que as empresas non só adopten a IA, senón que a convertan nunha vantaxe competitiva real.
O éxito do curso confirma a crecente demanda dunha formación estruturada en IA dentro do sector loxístico. Ademais, o noso programa formativo no seu conxunto está a superar todas as expectativas, pois todos os cursos ofertados teñen as prazas esgotadas e lista de espera. No Clúster seguiremos apostando por contidos útiles, innovadores e adaptados á realidade das empresas, garantindo que os nosos socios estean preparados para afrontar os retos da transformación dixital.
*Estos cursos están financiados grazas ao convenio articulado entre o Clúster da función loxísitica de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Igualdad da Xunta de Galicia.