Marzo 11, 2026

Xestión de Crises e Continuidade de Negocio (segunda edición)

Tras o éxito da primeira edición, volvemos organizar, coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo, unha nova Cápsula Formativa centrada na xestión de crises e na continuidade de negocio. Nun contexto marcado pola incerteza global, a elongación das cadeas de subministración e experiencias recentes como o apagón sufrido hai case un ano, a continuidade operativa deixou de ser unha opción para converterse nunha prioridade estratéxica.

EXCLUSIVO PARA SOCIOS DO CLÚSTER E MEMBROS DO ECOSISTEMA PORTUARIO DO PORTO DE VIGO

Información práctica

Data: Mércores, 11 de marzo de 2026
Lugar: Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo (ligazón á localización https://maps.app.goo.gl/YDHkGD5cDrsmnkt78)
Hora: 10:00 h
Duración: 2 horas + cóctel networking

Programa previsto

Presentación da Xornada
Xoán Martínez Reboredo · Presidente do Clúster da función loxística de Galicia

Apertura institucional
Carlos Botana Lagarón · Presidente do Porto de Vigo 

—-x—-

Xestión de crises e continuidade de negocio: principais características e marco regulatorio
Fernando Redondo · Director Gerencia de Riesgos en WTW

Feito relevante: Puertos Atlánticos Gallegos e conexións bálticas (Porto de Klaipėda, Lituania).
Rafael José de Espona · Experto en xestión de crises e infrastructuras críticas

Plan de Continuidade de Negocio: como prepararse, responder e recuperarse ante unha crise
Inma Ramírez · Directora Asociada Gerencia de Riesgos en WTW

Conclusións e debate
Todos os ponentes

Algunhas ideas clave da sesión

  • A continuidade de negocio é unha ferramenta estratéxica para garantir a operatividade, protexer o emprego e reforzar a resiliencia das organizacións.
  • A planificación debe basearse na análise do impacto e dos tempos de recuperación, identificando procesos críticos e niveis máximos de interrupción asumibles.
  •  Os conceptos clave incluen:
    • BIA: Análise de Impacto no Negocio
    • MTPD: Tempo Máximo de Parada Tolerable
    • RTO: Obxectivo de Tempo de Recuperación
  • Un Plan de Continuidade eficaz non deixa espazo á improvisación: require procedementos claros e decisións previamente definidas.
  • A aplicación de estándares e boas prácticas internacionais contribúe a profesionalizar a xestión do risco e da crise.
  • Non abonda con dispor dun plan: é imprescindible sometelo a probas periódicas mediante simulacros e exercicios reais.
  • Cada empresa debe adaptar a súa estratexia aos seus riscos específicos, recursos dispoñibles e contexto operativo.
  • A coordinación de equipos e proceso, a polivalencia do personal e unha comunicación clara y predefefinida son factores determinantes en situacións críticas.