Novembro 19, 2026

VI Encontro de Loxística Internacional

Un novo escenario global:
xeopolítica, mercados e loxística internacional

O escenario internacional cambiou profundamente na última década. A rivalidade entre países, a seguridade de subministración, os recursos estratéxicos, os aranceis ou a crecente importancia das rutas comerciais están condicionando cada vez máis as decisións empresariais e os fluxos loxísticos.

O VI Encontro de Loxística Internacional analizará como este novo contexto pode afectar aos mercados, ao comercio exterior e ás cadeas de subministración das empresas galegas.

  • 📅 19 de novembro de 2026
  • 🕔 17:00 h
  • 📍 Hotel Puerta del Camino – Santiago de Compostela

Aránzazu Narbona, economista e profesora asociada de Esade, abordará o contexto xeopolítico e o novo orde internacional, analizando o cambio de paradigma da globalización, a importancia das rutas estratéxicas e as ameazas e oportunidades que se abren para as empresas.

A continuación, Xoán Martínez, presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia, analizará o impacto deste contexto internacional na loxística e nos mercados, cunha visión sobre o transporte marítimo, os fretes e os cambios nos fluxos de importación e exportación.

Programa previsto

17:00 h Recepción e rexistro

17:10 h Benvida institucional a cargo de Covandonga Toca Carús, Directora general del Instituto Gallego de promoción Económica Xunta de Galicia (Igape)

17:20 h Aránzazu Narbona | Contexto xeopolítico e novo orde internacional

18:00 h Xoán Martinez | O impacto do contexto internacional na loxística e nos mercados

18:40 h Coloquio e preguntas

18:55 h Peche

19:00 h Cóctel networking

 

Un encontro dirixido a empresas exportadoras e importadoras, operadores loxísticos e de transporte e profesionais de internacionalización, compras, supply chain e comercio exterior.

Inscrición gratuíta previa ata completar aforo.