A nosa VI Asemblea Xeral será un punto de encontro para coñecernos mellor entre os socios, reflexionar sobre o último ano e analizar o plan de acción do 2025. Nesta edición, o evento combinará unha sesión de traballo estratéxica con representantes institucionais e a propia asemblea anual, onde se presentará o balance de actividades de 2024 e as liñas de actuación para 2025.
Sesión de traballo (16:00 – 17:30): Un espazo clave para definir as liñas estratéxicas do sector no Plan Director Industrial do Sector da Loxística Industrial
Nesta sesión contaremos coa participación de:
- Nicolás Vázquez, Secretario Xeral de Industria.
- Margarita Ardao, Directora Xeral de Estratexia Industrial.
Belén Yáñez, Xefa do Servizo de Promoción Industrial.
Asemblea Xeral (17:30 – 19:00)
Nesta sesión contaremos coa participación de:
- María Jesús Lorenzana, Conselleira de Economía e Industria.
O encontro rematará cun cóctel de networking (19:00), unha oportunidade perfecta para intercambiar ideas e reforzar sinerxías entre os asistentes.