O V Encontro de Loxística Internacional será un espazo de análise e reflexión sobre o contexto global no que operan as empresas galegas con actividade internacional. A xornada afondará en como a xeopolítica, as tensións comerciais, os aranceis e os cambios normativos están a condicionar as cadeas de subministración, a competitividade e as decisións estratéxicas das compañías.
Dirixido a empresas loxísticas, cargadoras e organizacións con interese no comercio exterior, o encontro reunirá voces expertas para achegar distintas perspectivas sobre os retos e oportunidades do escenario internacional actual, así como ferramentas para anticipar impactos e tomar decisións informadas.
Programa da xornada
17:00 h | Recepción e rexistro dos asistentes
17:10 h | Benvida institucional
Augusto Alvarez-Borrás Massó · Director da Area de Internacionalización en IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica)
17:20 – 17:55 h | Aranceis, xeopolítica e marco xurídico no comercio internacional actual
Blas Rivas Alejandro · Presidente da red internacional de avogados IURISGAL INOLF e Secretario da Asociación Española del Transporte
17:55 – 18:35 h | Perspectivas e claves do entorno loxístico global
Xoán Martínez Reboredo · Presidente do Clúster da función loxística de Galicia
18:35 – 18:55 h | Do dato á decisión: Sistema de analítica obxectiva da competitividade no marco de Digital Cologistics
Ana Ulloa Piñeiro · Fundadora e Directora de Aporta Consultores
18:55 h | Peche da xornada
19:00 h | Cóctel networking