O Clúster da función loxística de Galicia, xunto con algunhas empresas socias representativas do sector, participou nunha mesa de traballo organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O encontro tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e estivo centrado na análise das barreiras para a incorporación de man de obra, especialmente estranxeira, en actividades da función loxística do tecido industrial galego.
Os participantes abordaron, entre outros puntos, os retos legais, administrativos e culturais que dificultan a contratación de traballadores migrantes, e foron asesorados polas autoridades competentes sobre a normativa de xestión colectiva de contratacións en orixe. Á saída da mesa ás empresas ficaban informadas sobre as iniciativas en marcha para facilitar a incorporación de persoas estranxeiras e galegas residentes no exterior ao mercado laboral.
O obxectivo último da mesa de traballo era definir un plan de acción consensuado de colaboración público privada que permita atraer talento e cubrir as demandas laborais do sector da loxística en Galicia.