A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración promociona as microformacións en loxística da Galicia Logístics Academy

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; o xerente do Clúster da función loxística de Galicia, Iago Domínguez; e o xerente da empresa Sueiro Trans, unha peme de transporte situada en Boiro, José Luis Miranda Sueiro reunironse no foro ‘Formación flexible, chave para o emprego do futuro’, organizado por El Correo Gallego, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O obxetivo era falar das microformacións a demanda, lanzadas pola Xunta de Galicia e destinadas a atender as necesidades específicas das empresas galegas para poder atraer perfís máis xeneralistas e formalos nas necesidades de cada sector
O programa educativo en loxística se coordina dende o Clúster a través do seu programa Galicia Logistics Academy, e permitirá ás empresas solicitar accións formativas adaptadas aos seus requirimentos, desde cursos extensos ata microformaciones máis curtas, co obxectivo de mellorar a capacitación laboral e cubrir vacantes en sectores crave.

O programa busca flexibilizar a formación, permitindo ás empresas seleccionar módulos de entre 30 e 1,000 horas segundo as súas necesidades. Espérase que esta estratexia non só incremente a empregabilidade dos traballadores, senón que tamén reforce a competitividade das empresas nun mercado en constante evolución.