O Grupo de Traballo en Internacionalización avanza nunha estratexia común de posicionamento

O grupo de traballo do Eixo 3 de Internacionalización do Clúster da función loxística de Galicia reuniuse para abordar temas relacionados co seu posicionamento estratéxico. Durante a sesión, avaliouse a participación na pasada edición do Salón Internacional da Loxística (SIL), o que permitiu reflexionar sobre os resultados e aprendizaxes obtidos. Ademais, púxose en común o programa para o evento da vindeira edición de Conxemar a principios de outubro, así como a participación na próxima Feira de loxística en Múnic e a posibilidade de estar en Logistics & Automation en Madrid. O grupo tamén intercambiou ideas sobre a participación noutras feiras relevantes para a función loxística en 2025. Outro tema destacado foi o recordatorio sobre a posibilidade de aparecer na guía ICEX: Who is Who. Spanish Logistics & Supply Chain 2024, que presenta aos actores crave do sector loxístico e da cadea de subministración en España. Por último, exploráronse diversas accións adicionais, incluíndo misións comerciais ou estratexias para atraer investimento a Galicia. Estas iniciativas son fundamentais para posicionar Galicia como territorio loxístico de referencia no mercado global e continuar impulsando a súa competitividade.