traballamos en EQUIPO

talento.galicialogistics.com

Desde o Clúster, coa colaboración da Xunta de Galicia, impulsamos esta plataforma de emprego co obxectivo de conectar o talento coas oportunidades do sector loxístico galego. Queremos dar visibilidade ás empresas que forman parte do noso ecosistema e facilitar o acceso a perfís profesionais especializados. Esta iniciativa nace do noso compromiso coa dinamización do sector e coa atracción e fidelización do talento en Galicia.