Este evento será unha oportunidade única para coñecer en detalle:
– As novas normativas de descarbonización que afectan ao sector loxístico.
– A pegada de carbono nas vosas empresas.
– Os beneficios do noso Programa gratuíto de descarbonización para PEMEs, enmarcado no proxecto europeo Digital Cologistics.
Resolveremos calquera dúbida que poidades ter sobre a normativa, a medición da pegada de carbono e as ferramentas dispoñibles.
Ademáis, explicaremos o alcance e os pasos do Programa, para o que seleccionaremos 8 PEMEs do sector loxístico para ofrecerlles:
– Un diagnóstico personalizado da súa pegada de carbono.
– Asesoramento e solucións prácticas para reducir o impacto ambiental.
– Apoio técnico especializado e formación para avanzar cara a unha loxística máis sostible.