Xuño 26, 2026

Sesión técnica sobre DeCA: da normativa á práctica

Sesión de traballo EXCLUSIVA PARA SOCIOS do Clúster da función loxística de Galicia dedicada a analizar as novidades introducidas pola Resolución do 5 de xuño de 2026 sobre o Documento electrónico de Control Administrativo (DeCA) e o proceso de dixitalización da documentación do transporte de mercadorías por estrada.

Durante a xornada presentarase a guía práctica de implantación elaborada polo Clúster, abordaranse os requisitos técnicos e operativos que deberán cumprir as empresas antes da entrada en vigor da obrigatoriedade do DeCA dixital en outubro de 2026, e aclararanse as principais dúbidas sobre a utilización do DeCA, a carta de porte, o CMR e o eCMR. Ademais, empresas tecnolóxicas especializadas compartirán a súa visión sobre as solucións actualmente dispoñibles para facilitar a adaptación ao novo marco normativo.

 

Día: venres 26 de xuño
Hora: de 10:30 a 12:00h
Modalidade: online