O próximo 21 de xullo, Santiago de Compostela acollerá o lanzamento oficial do proxecto europeo Corredor Atlántico Noroeste, unha iniciativa liderada polo Clúster para impulsar o transporte ferroviario de mercadorías entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal.
A participación das empresas será fundamental para trasladar ás administracións que existe un interese real por desenvolver novos servizos ferroviarios e avanzar cara a unha rede máis competitiva para Galicia.
📅 21 de xullo
🕦 11:30 h
📍 Sala Eisenman · Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
Programa previsto
11:30 h | Inicio do evento
Presentación institucional do acto, a cargo de Iago Domínguez, xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia.
Inauguración institucional
- Xoán Martínez, presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia
- Judit Fontela, directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia
11:45 h | Presentación do proxecto POCTEP Corredor Atlántico Noroeste
- Céu Filipe, directora de Innovación da Associação Empresarial de Portugal (AEP)
- Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)
- Fernando Pérez, presidente de CyLoG
- Nuno Costa, CEO da Confederação Empresarial do Alto Minho (CEVAL)
12:05 h | A demanda ferroviaria de Galicia
Presentación dos principais resultados do estudo de demanda ferroviaria de Galicia.
- Xoán Martínez, presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia
- María F-V Marquina, técnica de proxectos do Clúster da Función Loxística de Galicia
12:25 h | Mesa redonda: O ferrocarril na competitividade das empresas
Modera: Rafael Sabucedo, membro da directiva do Clúster da función loxística de Galicia
Participan:
- Javier Domínguez, presidente ejecutivo en SOGAMA
- Pablo Carro, responsable de Loxística España en Nauterra
- Nuria Lacaci, secretaria xeral da Asociación de Cargadores de España
12:55 h | Foto de grupo con autoridades e asistentes.
13:00 h | Mesa institucional: O papel das administracións como axente facilitador
Modera: Iago Domínguez, xerente do Clúster da función loxística de Galicia
Participan:
- Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia
- Cristina Sanchidrián, conselleira de Mobilidade, Transformación Dixital e Intelixencia Artificial da Junta de Castilla y León
- Álvaro Santos, presidente da CCDR-Norte de Portugal
13:30 h | Clausura do acto
Ao remate do evento servirase un pequeno tentenpé.
Pregamos a chegada á sala con 15 minutos de antelación ao inicio do evento.
O proxecto 0444_CORREDOR_ATLANTICO_NOROESTE_6_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027.